Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)
ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa. ALTA COSTURA é unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante.
Ficha artística Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro Texto: Tiago Alves Costa Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro Interpretación: María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo Vestiario e Produción de arte: Carolina Díguele Composición musical: Varios autores / Manuel Fonte Loureiro, Laura Duarteos.