Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)
Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos.
Xénero: Música Público: todos os públicos Sinopse: Este proxecto, xurde da inquietude de Abraham por coñecer e recuperar instrumentos de todas as épocas e lugares. Alguns deles, contruíunos o propio Abraham: Karnix: Basouse nunha moeda romana e dista do que se atopou en Tintignac tan só 3 cm. Cornu, foi construído sobre uns planos dun exemplar achado en Pompeia e cuia sonoridade é sorprendente. Trompeta natural: Foi o primeiro instrumento que fixo, cas técnicas do século XVII. E outros foinos adquirindo ao longo dos anos nas súas viaxes , como por exemplo: Rag Dung, Gaida, Shofar,Chalumeaux, Toba,Schalmei,Zurna,..... Resoando no Pasado veu a luz no 2006 e dende entón máis de 40000 persoas puideron desfrutar deste concerto, onde Abraham toca máis de 100 instrumentos ao longo do espectáculo. Dende unha pequena frauta de óso( 46000 a.c) ata un gran gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto, todos eles resoan de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.