Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Política de cookies

carrito shopping_cart
vista
date_range 25 Outubro 2025

cinema

Lugar: CASA DOPESO

Heidi. El rescate del lince

DURACIÓN: 78 min
CALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Toby Schwarz, Aizea Roca Berridi
GUIÓN: Rob Sprackling.
XÉNERO: Animación
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: No máis alto dos Alpes suízos, Heidi vive feliz co seu avó, gozando da natureza e a liberdade da montaña. Cando recibe unha invitación para pasar o verán na costa, a emoción da aventura ilusiónaa, pero todo cambia ao atopar un lince ferido. Decidida a axudalo, conta co apoio do seu mellor amigo Pedro para coidalo e devolvelo coa súa familia na montaña. Con todo, un empresario ambicioso ameaza o bosque cun serradoiro e trampas para os linces, poñendo en perigo todo o que aman.
date_range 26 Outubro 2025

cinema

Lugar: CASA DOPESO

Romería

DURACIÓN: 11 min.
CALIFICACIÓN: NRM 16
DIRECCIÓN: Carla Simón
GUIÓN: Carla Simón
XÉNERO: Drama
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
ELENCO: Llúcia Garcia, Mitch, Tristán Ulloa, Celine Tyll, Miryam Gallego, Janet Novás, José Ángel Egido, Sara Casanovas..
SINOPSE: Mariña viaxa a Vigo para coñecer á familia do seu pai biolóxico, que morreu de sida, do mesmo xeito que a súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus tíos, tías e avós, a moza tenta reconstruír un relato dos seus pais, pero todos senten demasiada vergoña cara aos conflitos de drogas da parella, algo que Mariña lles lembra coa súa presenza. Será a historia de amor adolescente que vive co seu curmán o que lle permite re-imaxinar aos seus pais e conectar con eles. Desta forma, inventa un conto, grazas ao diario da súa nai, que a libera do estigma que a súa familia sente por eles e cumpre o desexo de entender o pasado...
Película sobre a memoria familiar que pecha a triloxía da súa directora, composta
por "Verán 1993" e  "Alcarràs".

cinema

Lugar: CASA DOPESO

Heidi. El rescate del lince

DURACIÓN: 78 min
CALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Toby Schwarz, Aizea Roca Berridi
GUIÓN: Rob Sprackling.
XÉNERO: Animación
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: No máis alto dos Alpes suízos, Heidi vive feliz co seu avó, gozando da natureza e a liberdade da montaña. Cando recibe unha invitación para pasar o verán na costa, a emoción da aventura ilusiónaa, pero todo cambia ao atopar un lince ferido. Decidida a axudalo, conta co apoio do seu mellor amigo Pedro para coidalo e devolvelo coa súa familia na montaña. Con todo, un empresario ambicioso ameaza o bosque cun serradoiro e trampas para os linces, poñendo en perigo todo o que aman.
date_range 31 Outubro 2025

teatro

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN” do grupo CHÉVERE

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Xénero: Teatro - musical
Público: xuvenil-adulto
Duración: 60 minutos
Autor: Chévere
Espectáculo en lingua galega e lingua de signos. Inclúe nota de audiodescrición previa para persoas con discapacidade visua
Dirección: Xron · Adaptación: Manuel Cortés
Elenco: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Chusa Pérez de Vallejo,
Gema Santos
Sinopse: As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe
de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. Dáse continuidade así a traballos anteriores que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), ou promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.
A función faise en lingua oral galega e lingua de signos (LSE) simultaneamente, con participación en escena de dúas intérpretes de lingua de signos Audiodescrición previa para persoas con discapacidade visual
date_range 02 Novembro 2025

música

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

DONAIRE 25 aniversario

OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Xénero: MÚSICA_ DANZA
Público: XUVENIL/ ADULTO
Donaire Xira 25 Aniversario- OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
A Asociación Cultural Donaire celebra os seus 25 anos cunha gala moi especial no Auditorio Cine Alovi. Un espectáculo cheo de música, baile e emocións, no que se repasan as diferentes etapas da traxectoria da asociación, coa participación de alumnado e grupacións de todas as xeracións. A gala 25o Aniversario de Donaire será unha festa para lembrar, na que se conxugan tradición e creatividade, cun coidado especial na posta en escena e a música en directo. Unha oportunidade única para acompañar a Donaire neste momento tan significativo, celebrando un cuarto de século traballando pola cultura tradicional galega.
date_range 08 Novembro 2025

magia

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

MAXIA. “ROCK ‘N’ MAGIC” · MAGO TETO

Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña

Xénero: maxia
Público: a partir de 8 anos
Duración: 75 minutos
Dirección: Fran Rey
Elenco: Mago Teto, Mon Orencio e Fer Risco
Sinopse: Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda
en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.
Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.
date_range 14 Novembro 2025

música

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

SUMRRÁ 25 aniversario

OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Xénero: MÚSICA
Público: XUVENIL/ ADULTO
Sumrrá Greatest Hits - Xira 25o Aniversario. OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Novo Proxecto para conmemorar 25 anos de carreira artística internacional.
O mellor de SUMRRÁ condensado nunha das súas sempre magnéticas, hipnotizantes e explosivas actuacións.90 minutos de concerto nos que revisitar as súas mellores composicións que, atendendo á propia natureza do grupo, non deixarán a ninguén
indiferente.
Premio Jazz España 2022
Premio MARTÍN CÓDAX MELLOR GRUPO DE JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS 2014
Sumrrá é o trío de jazz formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaxista Xacobe Martínez Antelo e o batería Lar Legido.
Recoñecidos coma o trío galego mais internacional e galardoado co Premio Jazz España 2022, Sumrrá celebra en 2025 o seu
25o Aniversario,consolidándose coma o máis lonxevo da escena española.

25 anos actuando como embaixadores do jazz galego máis contemporáneo ao seu paso por festivais de recoñecido prestixio internacional,
Centos de concertos, sete discos publicados e 25 anos de carreira que fan de Sumrrá un grupo de culto, avalado pola crítica internacional e considerado coma lexendario entre os amantes do jazz contemporáneo.
date_range 28 Novembro 2025

música

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

MÚSICA. GALLAECIA SMALL BAND

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Xénero: Música - jazz
Todos os públicos
Duración: 90 minutos
Gallaecia Small Band
Está integrada por oito artistas. Seis músicos de gran nome dentro do panorama musical galego (1 saxo, 1 trombón, 1 trompeta, batería, contrabaixo e piano) e dous cantantes.
Un son explosivo. Unha big band doutros tempos en pequeno formato, con dous cantantes que se adaptan a calquera repertorio.
Unha posta en escena en grao sumo elegante. Temas míticos de Frank Sinatra, Glenn Miller, Paul Anka, Renato Carosone, Pérez Prado, temas actuais de Michael Bublé e moitos máis vos levarán no mundo das grandes Big Bands.
Calidade musical, Elegancia e Distinción do espectáculo.