Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Política de cookies

carrito shopping_cart
AS ALUMNAS

AS ALUMNAS

AS ALUMNAS

 Atrás

Descripción

Xénero: Teatro
Público: adulto
Sinopse: As Alumnas é un espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco. Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data damorte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
AUTORA: Paula Carballeira
DIRECTORA: Fina Calleja
ELENCO: Mónica Camaño e Anabell Gago
VESTIARIO: La Canalla
ESCENOGRAFÍA: Carlos Domínguez Del Río
COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN: Rosalía Macías
DESEÑO IMAXE E MATERIAL GRÁFICO: Rocío Cibes
COORDINACIÓN PRODUCIÓN: Fran Rei
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Culturactiva S. Coop. Galega