DURACIÓN: 91 min
CUALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Steve Hudson, Toby Genkel
GUIÓN: Steve Hudson
XÉNERO: Animación
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: Nun castelo-laboratorio situado no alto da pequena cidade de Tarados de Arriba, o máis tolo dos profesores tolos esperta monstruosas creacións á Case-Vida... para logo esquecerse rapidamente delas. Quen coida do castelo? Quen coida dos monstros? Quen lles ensina a non ser monstruosos, para que a xente do pobo non forme unha turba enfurecida e queime o castelo? Frankie, a primeira creación do profesor, un ser diminuto, de cabeza calva cuberta dun mosaico de puntadas, e ollos hipnóticos, fai todo o traballo, pero o profesor nin sequera fíxase nel. Pero agora, un destartalado espectáculo de fenómenos chegou á cidade, e o seu propietario, Boniface Buscamonstruos, necesita desesperadamente unha nova atracción para atraer ás multitudes. Pronto chega á porta do castelo e promete a Frankie fama, fortuna e amor.…