Xénero: Música
Público: todos os públicos
Madame Bird é o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena «negra» galega, quen tras dous anos de andaina virando por distintas salas facendo grandes versións de rocksteady e northern soul, agora disponse a dar o gran salto
gravando Old Souls, un disco de tintes souleiros co que levanta as súas ás negras para levarnos ao mais alto coa súa música e a súa radiante voz, que nos arrastra á primeira Aretha ou á mismísima Etta James.
Os temas de Madame Bird son unha mestura moi persoal con influencias que van dende o northern soul máis tradicional ata o R&B máis agresivo, pasando polo jazz crooner dos primeiros 50 ou as baladas da Chess dos 60.
En directo, Carla de Figueredo preséntase acompañada por José Triay (guitarra), Toño Martín (baixo), Diego Rois (teclas e coros) e Alberto Camba (batería).
Super F volven ao Alovi dous anos despois da exitosa presentación no mesmo auditorio do seu flamante último EP “Puñales”, mais sólido e rockeiro que nunca.
A banda pontesa debutou no ano 2010 como cuarteto (More, Ana, César e Jenel) e no 2011 presentaron o seu primeiro LP “Sin Aliento”, rock directo e pegadizo con letras en castelán e influencias blues e pop.
En 2013 editaron “Canciones incendiarias”, EP mais cru, gravado en directo, buscando o son sinceiro e enérxico da banda nos seus concertos.
No ano 2015 fixeron unha pausa con Super F e durante varios anos presentaron por toda España o seu tributo a Jimi Hendrix (On Fire), tamén fixeron diversas colaboracións antes de voltar no 2024 con “Puñales”.
Agora voltan como power trío cos seus temas novos e antigos ben rodados, cheos de riffs musculosos con estribillos potentes e pegadizos dispostos a que ninguén quede quieto no seu asento.
MADAME BIRD e SUPER F, dúas bandas que non te deixarán indiferente. Que non cho conten!