Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)
Descripción
Xénero: Teatro físico e de manipulación de obxectos para público infantil e familiar
Público: + 3 anos
Sinopse: Voo é o novo espectáculo de Teatro O Cubo, unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por a outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder. A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.
Idades: + 3 anos
Duración: 45min
Elenco: Sofía Espiñeira López e Uxía Algarra Cajide
Dirección: Roberto C. Mouriño
Vestiario: Carmen Pichel
Música: Paulo Medal e Brais das Hortas